Drons da AXEGA buscan ao octoxenario desaparecido en Friol

A Axencia Galega de Emerxencias (AXEGA) mobilizou, a través do 112 Galicia e a petición da Garda Civil, a Unidade de Drons, para incorporarse ao operativo de busca do home que permanece en paradoiro descoñecido desde a mañá do pasado domingo, no lugar do Manxadoiro, na parroquia de Carballo en Friol.

O equipo de drons da AXEGA súmase así ao operativo para dar co home, que coordina a Garda Civil e no que tamén interveñen os efectivos do GES de Friol-Palas e os voluntarios de Protección Civil de Friol, Lugo e Palas de Rei.

O 112 Galicia recibiu a alerta da desaparición do octoxenario durante a noite do domingo, a través da Garda Civil.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com