Efectivos de emerxencias buscan a un home de setenta e seis anos veciño de Chantada que permanece desaparecido desde onte.
Nestes intres, varios drons especializados rastrexan a zona, centrándose sobre todo na zona entre o encoro dos Peares e a zona do Pincelo, na parroquia da Sariña. O dispositivo estase vendo dificultado polas características do terreo, xa que é unha zona escarpada e de complicado acceso.
O aviso da desaparición foi recibido hoxe contra as nove e media da mañá. Ademais dos drons, participan nos traballos de rastrexo efectivos da Garda Civil e de Protección Civil da zona.