Esta semana Codex Cinema estrea dúas novas películas francesas. Comezando por Á abordaxe de Guillaume Brac, memorable comedia sobre o amor e a amizade nun camping de verán, unha das grandes sorpresas do ano pasado que se estrea por fin en Galicia. E ademais, As aparencias de Marc Fitoussi, un thriller sentimental sobre relacións cruzadas nun matrimonio aparentemente perfecto, que conta con actrices galas moi reputadas como Karin Viard e Laetitia Dosch, e a presenza do cantante Benjamin Biolay.
As dúas estreas están acompañadas por unha nova etapa do Universo David Lynch, neste caso Estrada perdida, unha das súas películas máis celebradas.