Esta semana estréanse nos Codex dous filmes de grande interese, por unha banda “OS VERDES ANOS” do extraordinario cineasta portugués e “LIVING” do director inglés Oliver Hermanus. este filme ven precedido dunha excelente crítica e sen dúbida será un éxito nas pantallas dos Codex.
OS VERDES ANOS
Inédita en España, a ópera prima de Paulo Rocha, filmada nun esplendoroso branco e negro, é a punta de lanza do novo cinema luso. «O mellor cinema portugués é herdeiro de Paulo Rocha» (João Bénard da Costa).
Sinopse: Con dezanove anos,Julio arriba a Lisboa dende a súa aldea para traballar de zapateiro co seu tío Raúl. Traba amizade con Ilda, unha mandadeira que visita con frecuencia a zapatería e de quen o seducen a súa independencia e desenvoltura. Os mozos comezan a saír como noivos nun romance que se verá truncado polo choque coa súa realidade cotiá.
LIVING
O escritor Kazuo Ishiguro e o director Oliver Hermanus adaptan o guión dunha das películas máis recordadas de Akira Kurosawa para trasladalo ao Londres da postguerra. Un Bill Nighy brillante pon o broche de ouro á que, sen dúbida, será recordada como unha das grandes actuacións da súa carreira.
Sinopse: 1950, Londres. Williams é un veterano funcionario que vive enterrado baixo os papeis da oficina mentres no mundo exterior a cidade reconstrúese tras a II Guerra Mundial. Ao recibir un demoledor diagnóstico médico, baleira a súa conta de aforros e diríxese cara a costa. Prometese facer dos seus últimos días un tempo significativo, pero dáse conta de que non é quen de facelo. Logo de que un misterioso descoñecido o leve á cidade, Williams séntese intrigado por unha moza, compañeira de traballo a que parece posuír a vitalidade que el perdeu. Coa axuda da súa optimista compañeira, Williams pon todo o seu empeño en facer feliz, dun modo sorprendente, ao seu entorno.