Dúas persoas excarceradas nunha colisión entre un coche e unha furgoneta en Xove

Dúas persoas resultaron feridas esta mañá nun choque no que se viron implicados un turismo e unha furgoneta en Xove.

Segundo os datos facilitados polos Bombeiros de Viveiro, os membros do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento empregaron o material de excarceración para liberar ás dúas persoas accidentadas, que viaxaban unha no coche e a outra na furgoneta.

O sinistro produciuse preto das 8:30 horas no lugar de Castelo, na parroquia de Xuances.

O 112 Galicia tivo coñecemento do choque a través dos servizos sanitarios e, decontado, o persoal do CIAE 112 Galicia solicitou a intervención dos Bombeiros de Viveiro, da Garda Civil de Tráfico, da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade e do GES de Cervo.

Segundo se lle indicou ao 112 Galicia, unha vez liberadas e accesibles, as persoas accidentadas foron trasladadas a un centro hospitalario polo persoal médico.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com