Dúas persoas resultaron feridas tras un choque entre dous vehículos rexistrado esta mañá no Concello do Corgo. O sinistro tivo lugar esta mañá, ao fío das dez da mañá na estrada que une Lugo co municipio, xusto na entrada da vila. Segundo o servizo de emerxencias 112 as dúas persoas implicadas tiveron que recibir asistencia médica.
Até o lugar acudiron efectivos de Urxencias Médicas, dos Bombeiros de Sarria e da Garda Civil de Tráfico.