Dúas persoas feridas, unha delas excarcerada, tras colidir tres turismos en Lugo

Dúas persoas resultaron feridas tras colidir tres turismos que circulaban pola estrada que une o Polígono das Gándaras e a Igrexa de Albeiros, en Lugo.

Ata o lugar desprazáronse os Bombeiros de Lugo nada mais ser alertados polo 112 Galicia, que tiveron que excarcerar a un dos feridos tras quedar atrapado no interior dun dos turismos.

Ao fío das cinco desta tarde, varios particulares alertaron ao 112 Galicia do accidente. No seu relato indicaban que parecía ser grave e, a partir de aí, informouse ademais de aos servizos sanitarios e aos Bombeiros, a Policía Local e aos efectivos de Protección Civil da localidade.

Ao final, segundo os datos brindados ao 112 polo persoal sanitario, dúas persoas necesitaron ser trasladadas en ambulancia.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com