Os Bombeiros de Vilalba excarceraron esta tarde a dúas persoas que resultaron feridas nun choque no que se viron implicados outros tantos coches en Abadín, no punto quilométrico 2 da LU-P-0107.
O accidente ocorreu moi preto das cinco, á altura da parroquia de Fanoi.
O 112 Galicia tivo coñecemento do sinistro a través do persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e, axiña, os xestores do CIAE 112 Galicia requiriron a intervención dos Bombeiros de Vilalba e dos axentes da Garda Civil de Tráfico.