Dúas persoas resultan feridas de gravidade nun accidente en Cospeito

Os Bombeiros excarceraron esta madrugada a dúas persoas atrapadas no interior do turismo no que viaxaban. O vehículo, que circulaba pola estrada que une as localidades de Cospeito e Vilalba, á altura do punto quilométrico 13, chocou contra unha casa despois de saírse da vía. Así o relataba o particular que chamou, sobre as 04:30 horas, ao 112 Galicia para pedir axuda.

Tras recibir o aviso, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias do 112 (CIAE), alertouse ao persoal sanitario, axentes de Tráfico e aos Bombeiros de Vilalba. Membros do parque comarcal nada máis chegar ao lugar do sinistro confirmaron a excarceración dos dous ocupantes. Unha vez liberados os dous feridos foron trasladados en dúas ambulancias que os técnicos sanitarios desprazaron ao momento.

Ademais, debido aos danos ocasionados, foi necesaria a intervención do persoal do servizo de mantemento da estrada.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com