Ducias de persoas participan en NaturaLugo, a feira ecolóxica da Deputación

A Deputada de Medio Ambiente, Sonsoles López Izquierdo e a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez inauguraron este xoves a I Feira Agroecolóxica NaturaLugo, un evento co que o organismo provincial pon en valor a produción agroecolóxica da provincia. Esta feira, que se celebra en paralelo ao congreso internacional da SEAE, albergará, durante os días 22, 23 e 24, máis de 50 expositores das catro provincias galegas, así como de Zamora, Toledo, Valencia e do país veciño, Portugal. Cómpre subliñar que o organismo provincial achega 40.000 euros para financiar o Congreso e NaturaLugo.

López Izquierdo sinalou que a Feira NaturaLugo “axuda a promover a riqueza agroecolóxica da nosa provincia, pioneira a nivel autonómico e estatal, e a impulsar o traballo dos profesionais deste sector en auxe pois cada vez se demandan máis produtos alimentarios saudables”.

A Deputada engadiu que “aproveitando a asistencia de centos de persoas e expertos ao Congreso da Sociedade Española de Agricultura Ecolóxica organizamos NaturaLugo, unha feira que esperamos que perdure no tempo, debido ao potencial deste sector na nosa provincia”. A Deputada animou tamén aos veciños a participar nesta feira e a “coñecer a grande variedade de produtos ecolóxicos que se producen na provincia de Lugo”.

O organismo provincial ofrece, ademais, durante esta semana, 25 actividades e obradoiros nos que poderán participar de forma gratuíta máis de 800 persoas, apuntándose de forma gratuíta en www.deputacionlugo.gal.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com