Duplícase o número de viaxeiros en marzo en Lugo

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre declarou que “a Oficina Municipal de Turismo de Lugo atendeu a máis de 3.600 persoas en marzo, multiplicando por dous a cifra do pasado mes de febreiro e incrementándose nun 33% e 45% con respecto ao mesmo período do ano 2015 e 2014, “o que apunta a que estamos ante o mellor de marzo dos últimos anos”

“Este incremento convídanos a seguir apostando por unha estratexia de promoción turística que combine as singularidades de Lugo, cun amplo abano de actividades que potencien estas excepcionalidades”, asegurou a edil, quen subliñou que cada récord de visitantes confirma o turismo como motor de desenvolvemento da cidade”, remarcou.

A edil tamén fixo fincapé “no reiterado incremento de viaxeiros como un aliciente para seguir ofertando un amplo abano de actividades turísticas de calidade, como as rutas pola cidade, polo Camiño Primitivo e polo barrio da Ponte ofrecidas durante a Semana Santa, nas que participaron máis de 200 persoas”; así como para seguir buscando as “pernoctas”na cidade”

Un 47% máis de visitas aos museos municipais

A rede museística municipal rexistrou un 47% máis de visitas en marzo que no pasado mes de febreiro, preto de 4.000 persoas. A Casa dos Mosaicos e a Domus de Mitreo foron os centros máis visitados, con preto de 1.300 persoas cada unha. Pola Sala de Exposicións Porta Miña pasaron máis de 670 visitas, unha cifra similar á que se achegou ao Museo Interactivo da Historia de Lugo. O Centro Arqueolóxico de San Roque rexistro un centenar de visitas.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com