IMAXE LIBRE!!

A DXT arranca o luns unha campaña de vixiancia dos elementos de seguridade

A Dirección Xeral de Tráfico (DXT) porá en marcha dende o vindeiro luns día 11 unha campaña intensiva para controlar o uso do cinturón de seguridade e dos sistemas de retención infantil. Esta iniciativa se enmarca dentro da programación de campañas especiais de vixiancia previstas pola DXT para o presente ano.

Durante unha semana, ata o domingo día 17, os axentes da  Agrupación de Tráfico da Garda Civil intensificarán os controis para comprobar que tanto o condutor como os ocupantes dos vehículos fan uso destes elementos de seguridade. Tamén se invitou dende a DXT a que os Concellos se sumen a esta campaña no entorno urban.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com