Ecoloxistas denuncian danos en 40 xacementos por parte da industria do eucalipto

As asociacións ecoloxistas Adega e Mariña Patrimonio denunciaron danos en ata 40 xacementos arqueolóxicos causados polos labores asociados á explicación forestal do eucalipto por parte das industrias. Entre estes  xacementos afectados figuran 2 abrigos paleolíticos, 21 mámoas, 14 castros, 1 xacemento medieval e 2 de idade indeterminada.

As asociacións ecoloxistras salientan que a provincia de Lugo é unha área “intensamente eucaliptizada”, e que nos últimos cinco anos xa se presentaron ata 56 denuncias por danos ao patrimonio histórico-arqueolóxico causado por accións como plantacións, cortas, apertura de pistas, rozado con maquinaria pesada ou outras actividades.

Para estas dúas asociacións, boa parte dos xacementos arqueolóxicos da provincia (uns 500) estarían afectados nalgunha medida polos labores asociados á explotación forestal do eucalipto.

“Coidamos que estas 40 novas denuncias són só unha pequeña mostra, a punta do iceberg do que pode estar a acontecer en moitos montes galegos submetidos á ditadura do eucalipto. Extrapolando os datos ao preto do medio millón de hectáreas eucaliptizadas en Galiza, a magnitude da afección patrimonial (con danos por veces irreparábeis sobre o ben, chegando mesmo até a desaparición do xacemento) e o impacto cultural asociado, podería ser inmensa”, salientan Adega e Mariña Patrimonio.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com