Ecoloxistas en Acción demanda á CHMS anular concesión ao Club Fluvial de Lugo

A organización Ecoloxista en Acción lembra que a concesión da Confederación Hidrográfica Miño-Sil “afecta a un espazo que se atopa dentro de Rede Natura e que ademais é zona núcleo da Reserva da Biosfera Miño-Támoga, e que a pesar desas proteccións, veuse utilizando durante décadas de forma privada e exclusiva polos membros desa sociedade ocupando cada vez, máis e máis, espazo do río e sen cumprir as condicións mínimas como son o respectar o camiño de servidume, tendo o conxunto da sociedade o dereito recoñecido pola Constitución española no seu artigo 132 de gozar das ribeiras dos ríos, e que tal como xestionouse durante anos e anos, supuxo unha privatización consentida pola propia confederación dun ben de dominio público, impedindo o libre goce polo común das persoas. E denuncian que isto vén supoñendo a “expropiación encuberta” a favor dun ente privado e en contra do común dos veciños, dispoñendo ademais de zonas deportivas en zona  inundable co consecuente risco para as persoas e para a correcta xestión das augas cando sobe o nivel”.

“A organización ecoloxista galega ten claro que a concesión é totalmente incompatible coa xestión do espazo que se pretende, carece de utilidade pública e responde exclusivamente a un interese privado”, sinalan os ecoloxistas. Ademais, destacan, “que os ríos urbanos ofrecen múltiples beneficios ecolóxicos, producen seguridade á sociedade fronte ás ameazas naturais, tales como inundacións, control de  escorrentías e en especial, os efectos do cambio climático. Defenden así que estes ríos deben ser considerados hábitats preferentes para a recreación da sociedade, protección da natureza e a biodiversidade e non tentar privatizalos como é o caso”.

Ecoloxistas en Acción solicita tamén que mentres non se faga a recuperación, “toda a zona sexa de uso público e de libre dispoñibilidade para o conxunto da cidadanía, impedindo por tanto calquera privatización ou  mercantilización do espazo público fluvial e das ribeiras do río. As ecoloxistas sinalan que o Ministerio está tentando recuperar o dominio público marítimo, polo que agardan que en Lugo, os representantes do mesmo ministerio manteñan unha liña de actuación coherente e axeitada”.

Asociacións que apoain e suscriben o escritoAsociación cultural e ambiental Petón do Lob, Asociación galega Cova Crea, Verdegaia, Asociación Rios con Vida , Asociación  Terra Chà Sostible e Asociación  Bico de Grao.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com