Ecoloxistas en Acción piden ao Concello do Corgo frear o proxecto de megagranxa avícola

Ecoloxistas en Acción entrevistouse hoxe coas forzas políticas do Concello de Corgo que comparten a preocupación polas graves afeccións ambientais da macro industria cárnica e solicitoulles que adopten todas as medidas posibles para impedir que a macrogranxa avícola se instale no seu concello.
A organización ecoloxista, integrante da Coordinadora Estatal Stop Gandería Industrial, sinala que “España convertiuse no refuxio das macro granxas ante unha industria que fuxe da esixente regulación ambiental da maioría do paises europeos e busca lexislacións laxas como a española e gobernos permisivos como o galego para evitar asumir os costes ambientais que causan as súas explotacións cárnicas”.

Denuncian que “non hai comarca que tendo implantadas macrogranxas tanto avíar como de porcino ou vacún que non teña graves afeccións ambientais de contaminación por nitratos das súas augas”. Está comprobado, segundo aseguran os ecoloxistas, que a macro industria cárnica está lonxe de xestionar axeitadamente os residuos que xeran as súas explotacións. As propias parcelas onde pretenden intalar o macro proxecto teñen unha faciana lacustre propia dun humidal ao estar atravesada por varios regatos alén do río Maceda. Esta situación agravaría o proceso de transferencia dos nitratos ás escorrentías e mananciais da zona.

Alertan que ao risco de envelenamento de acuíferos debido aos verteduras de xurros ademáis hai que engadirlle a forte pestilencia que provocan as granxas de aves que sóe afectar nun amplo radio ao redor das instalacións.

“Na documentación do proxecto non se observa ningunha medida especial para evitar a contaminación. Non queremos que aquí suceda o que está pasando na Limia e contaminen as augas” -declara Nery Díaz, voceira de Ecoloxistas en Acción Lugo- “Pedímoslle aos partidos e a veciñanza de o Corgo que rexeiten o desastre ambiental que se llen ven enriba de implantarse esta xigantesca macrogranxa”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com