Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde” din NON á instalación da planta de Biometano en Coeses

Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”, manifesta a súa oposición á instalación da planta de Boiometano en Coeses “que estragaría o valioso património natural e paisaxístico e a calidade de vida que ainda podemos desfrutar nas parroquias da zona: Coeses, Soñar, Piugos,Santa Comba, Conturiz,San Mamede , Cuiña,.. donde se trocaría o pequeno paraíso que hoxe temos por un território insalubre con cheiros fedorentos, e aire e augas contamindas”, sinalan.
Animan a todos os veciños de Lugo, localidades próximas, e a toda a cidadanía a informarse e presentar alegacións nos prazo establecido, que rematará o 10 de xullo. Tamén apoian a manifestación convocada polos veciños das parroquias mais afectadas que terá lugar en Lugo hoxe xoves, 20 de Xuño, e que sairá as 20: 30 horas dende o edifício da Xunta.

Dende Ecoloxistas Galiza “Atlántica e Verde”, consideran que “un proxecto deste tipo supón un ataque ambiental e un insulto aos veciños da zona e seguiremos analizando detidamente e con expertos, a situacióm e documentación”. A semana pasada envíaron escritos á CHMS e ao Concello de Lugo opoñéndose e solicitando o acceso a toda a información sobre este asunto.

A planta iría a menos de 1,5 km do río Miño, e polo tanto, na Reserva da Biosfera Terras do Miño, considerada Espazo Natural Protexido (E.N.P.) baixo a categoría de Zona de Especial Protección dos Valores Naturais (ZEPVN). Ecoloxistas Galiza AV “non entenden como o proxecto puído ser declarado iniciativa empresarial prioritaria pola Xunta, que permite simplificar os trámites ante as distintas administracións implicadas”. Ecoloxistas Galiza AV denuncia que este proxecto prexudicará irremediablemente na zona de implantación , nas zonas limítrofes e mais.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com