Eduardo Pérez Baamonde gañador do XXVI Premio galego de Arte “José Domínguez Guizán”

O pintor e profesor de arte de orixe vilalbés, Eduardo Pérez Baamonde, é o gañador da XXVI edición do Premio Galego de Arte “José Domínguez Guizán”, convocado polo Centro Cultural do mesmo nome, con motivo da XLIV edición de O Nadal en Begonte. O premio está dotado con 1.500€ e estatuíña de Sargadelos.
O xurado, que se reuniu na mañá deste luns, día once, estivo formado por Aurelia Balseiro García, directora do Museo Provincial de Lugo e os pintores Gonzalo Sánchez Folgueira e Manuel Gulín Rodríguez;  en representación do Centro convocante fixoo Xulio Giz Ramil.
Pola calidade dos seus traballos, concedéronse cadansúa mención de honra dotada con estatuíña de Sargadelos a Fabiola Mecías de Vigo e Jose Manuel Peña Romay, de Lugo.

Os premios serán entregados o último sábado deste mes, día 30 de xaneiro, no decurso dos actos de clausura do Belén Electrónico e das actividades do Nadal en Begonte.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com