Educar en igualdade e contra a violencia de xénero

Educar aos nenos e nenas, entre 1º e 4º da ESO, en igualdade e libres de estereotipos de xénero, esa é a ferramente principal do Programa socioeducativo de prevención da violencia de xénero, que o Concello levará a cabo o vindeiro curso en distintos institutos de Lugo.

Segundo explicou a Concelleira de Benestar Social, Igualdade e Inclusión, Ana Abelleira, ” os contidos versarán tanto sobre valores relacionados coa igualdade de xénero, como de utilidade para a vida cotiá e as relacións interpersoais, introducindo no proxecto educativo a socialización nos afectos e na convivencia, favorecendo as relacións baseadas na igualdade, unha boa autoestima e a adquisición de capacidades para analizar as súas propias emocións e os conflictos”.

Cinco persoas expertas en igualdade serán as encargadas de conducir un obradoiro con tres sesións con cada grupo participante (en total 100 sesións de 50 minutos), aplicando unha metodoloxía de traballo basada na reflexión, participación e experimentación por parte do alumnado. Anteriormente cumprimentarán un cuestionario inicial online para coñecer a opinión, actitudes e coñecementos sobre a materia na que se vai traballar.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com