A afección que asistía onte ao partido Breogan Tenerife no Pazo dos deportes, tivo que soportar , por dúas veces, o bochorno de que o arbitro tivera que suspender o encontro que o Breogán disputaba contra o Tenerife, por mor da condensación.
Ao berro dos afeccionados “Efrén pasa la mopa” que coreaban as bancadas dirixidas ao Vicepresidente do BNG Efrén Castro, por da humidade existente na cancha, que facía que os xogadores esbararan cada pouco, o arbitro non tivo máis remedio que mandar os xogadores, despois de falar cos capitáns, aos vestiarios.
Algúns medios deportivos como Sport titularon a noticia deste xeito:”Las goteras obligan a suspender el Breogán Tenerife con el partido empezado! Información que non deixa a cidade de Lugo nun bo lugar
Por mor de dita suspensión, o Partido Popular fixo un comunicado pedindo responsabilidades políticas ao Vicepresidente da Deputación, “o Grupo Popular culpa directamente a Castro da penosa imaxe que se transmitiu onte de Lugo: o nome de Lugo é titular en España por unha noticia moi mala da que o único responsable é Efrén Castro por levar máis de 5 anos negándose a asumir e solucionar os problemas do Pazo”
A directiva do Breogán pediu desculpas polo sucedido, a espera de que se sinale unha nova data para rematar o partido.