Elba Veleiro será investida alcaldesa de Vilalba

Nunha reunión celebrada na capital chairega, á que asistiron Psoe, Vilalba Aberta e  BNG, os representantes de cada partido acordaron asinar un documento onde se comprometen a investir a Elba Veleiro como alcaldesa para o mandato 2023-2027. Malia que o pacto compromete ás tres formacións políticas, só os socialistas e Vilalba Aberta entrarán no goberno municipal, o BNG declinou tal posibilidade.

No documento recóllense os principios xerais de actuación, as medidas de aplicación transversal das distintas área de goberno, así como as medidas de acción programática a curto e medio prazo.

Dito acordo recolle tamén as delegacións de área que corresponden a cada formación política.  Polo tanto, o Grupo Municipal Socialista de Vilalba será o responsable de xestionar; infraestruturas urbanas, medio ambiente urbano e natural, servizos sociais, economía,  facenda, servizos municipais, réxime interior, seguridade cidadá, feiras, mercados, promoción do deporte, igualdade e xuventude. E no que respecta a Vilalba Aberta levará as areas de: Urbanismo, infraestruturas rurais e planeamento industrial, cultura, comercio, turismo e promoción da lingua.

Comunicado do PP

Tras coñecerse o acordo, o PP de Vilalba emitiu un comunicado de prensa no que subliña “as tres forzas da esquerda quedan retratadas xa que despois dos desencontros entre PSOE e Vilalba Aberta o único interese por reeditar – nesta ocasión apoiado polo BNG- o pacto que romperon no pasado mandato é evitar que goberne o PP”

Poren, Sandra Vázquez traslada o seu respecto ao resto de grupos da corporación municipal e comprométese a traballar, xunto aos seus compañeiros, “en beneficio de Vilalba e os vilalbeses”

A popular aclara que “o PP amosou dende o comezo vontade de diálogo coas outras tres forzas políticas das que dúas finalmente se reuniron cos populares -unha delas evitou unha segunda reunión- e a outra xa rexeitou falar co grupo maioritario na corporación”

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com