Elena Candia centrará a súa campaña á presidencia do PP de Lugo en “escoitar á militancia” de cara a fortalecer o partido

A candidata á presidencia do congreso do PP por Lugo Elena Candia centrará a súa campaña en “escoitar á militancia” de cara a fortalecer o partido “coas achegas que os afiliados queiran trasladarnos”.

Oficialmente a campaña interna dará comezo o día 15 de febreiro, data na que a ex presidenta da Deputación comezará un percorrido por todas as comarcas da provincia para dar a coñecer o proxecto do seu equipo para os vindeiros anos. Para que os afiliados poidan trasladar as súas achegas, a candidatura encabezada por Elena Candia pon á súa disposición o correo electrónico elenapresidentalugo@gmail.com onde os anima a realizar as súas achegas. “Queremos que deste proceso saian ideas para manter un partido forte e unido, polo que convidamos a toda a familia do PP a facer as súas suxestións que, de maneira preferente, teremos en conta”, engade.

O equipo liderado pola alcaldesa de Mondoñedo programa reunións abertas coa militancia para incorporar a opinión de todos os afiliados ao seu proxecto de futuro para o PP de Lugo. “Queremos escoitar á xente nova, as ideas que teñen para seguir avanzando, así como aos concelleiros que desde o Goberno e desde a oposición traballan nos seus concellos para mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com