A candidata á presidencia provincial do PP de Lugo, Elena Candia, comprometeuse a solicitar a autorización das direccións autonómica e estatal para que o vindeiro congreso que se convoque trala celebración do conclave provincial sexa o da capital lucense.
Candia fai pública a folla de ruta na que traballa a súa candidatura e que concorda coa liña impulsada polo PPdeG para a renovación de políticas, actitudes e equipos en todo os ámbitos, incluído o local, en especial tras a celebración dos últimos procesos electorais e coa mirada posta en futuras citas coas urnas.
A candidata popular sigue apostando por un maior protagonismo da militancia e, de xeito especial, porque esta teña un papel esencial neste proceso de renovación que tamén debe chegar á primeira agrupación local da provincia: a cidade de Lugo.
Candia insiste en que o maior patrimonio do Partido Popular son os seus militantes, persoas que queren participar máis, ser escoitados e sentirse escoitados. “Queremos que todos eles se sintan representados no seu partido e para iso nada mellor que darlle continuidade aos procesos congresuais nos que gañamos en democracia interna e transparencia”.