A voceira do Grupo Provincial do PP, Elena Candia, visitou hoxe a localidade de O Vicedo, onde se reuniu co alcalde, o popular Jesús Novo, onde subliñou a importancia e necesidade de contar con Deputacións Provinciais eficientes para garantir que os pequenos concellos conten con servizos básicos.
Candia lembrou que cando estivo de Presidenta da Deputación asinou un convenio co Concello de O Vicedo destinado á adaptación do centro de día e mobiliario da Casa do Mar por un importe total de 394.256,89 euros, dos que o Goberno local achega 19.712,84 euros e o resto a institución provincial.
O Concello de O Vicedo deberá rematar a obra antes do 31 de marzo de 2018. Achega ademais a memoria do investimento e o 5% sobre o custo total. Tamén as inspeccións e comprobacións que determine a Deputación de Lugo e comprométese a obter as autorizacións sectoriais que sexan requiridas e outorgar as licenzas que sexan de competencias municipal.