Elena Candia insta a Campos a iniciar a elaboración dos orzamentos do 2017

O Grupo Provincial do Partido Popular apremia ao presidente da Deputación, Darío Campos, a que convoque unha reunión cos grupos da oposición para a elaboración dos presupostos do ano 2017. “Só así poderán ser aprobados no prazo legalmente establecido evitando que se retrasen como aconteceu cos do ano 2016”, explica a voceira do PP,

Neste sentido, a voceira popular recalca que “quedan só 3 días como límite legal para a presentación das contas” e lamenta que “polo momento, non recibimos convocatoria para a celebración desta reunión”. Por este motivo, Candia insiste na necesidade de que se convoque esta xuntanza “á maior brevidade posible para evitar sobrepasar o prazo legal para a presentación das contas”.

Por este motivo, dende o Grupo Provincial do PP pídenlle ao presidente da Deputación, o socialista Darío Campos, “responsabilidade” e recórdanlle que “o grupo de goberno actual na entidade provincial non conta coa maioría suficiente no Pleno para a adopción de acordos”.

“Esixímoslle ao presidente que se poña a traballar e que atenda as súas competencias para dar resposta aos problemas dos cidadáns e evitar así o espectáculo ao que someteron a esta institución para a aprobación das contas do 2016, cando sobrepasaron con creces o prazo establecido legalmente para a presentación das mesmas”, conclúen.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com