Elena Candia lamenta que o TSXG confirme a “nefasta xestión” de Darío Campos

O Grupo Provincial do PP lamenta que a Xustiza, concretamente o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), confirme o que os populares tildaron de nefasta xestión de Darío Campos, presidente da Deputación de Lugo, en materia de aprovisionamento de postos públicos.

Así, o Tribunal Superior vén de obrigar ao Goberno provincial a repetir un proceso selectivo, concretamente a praza de Técnico/a de Xestión Medio Ambiental, o que supón “un revés xudicial para a política de persoal do Goberno socialista”. A voceira do PP, Elena Candia, censura a forma de actuar do presidente “que se ve abocado a repetir un proceso xa rematado no ano 2015 e cuxo persoal xa fora contratado”.

Elena Candia resaltou a inseguridade que a institución provincial traslada “con estas actuacións irresponsables” a todos aqueles interesados en participar en procesos selectivos, así como aos que decidiron formar parte dos mesmos.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com