Elena Candia: “O PP é a única opción porque quere que Galicia avance, mentres que os demais só queren derrotar ao Partido Popular”

A presidenta do PP e cabeza de lista pola provincia ao Parlamento de Galicia, Elena Candia, agradeceu “o meu sincero agradecemento a tódolos lucenses e á xente do Partido Popular pola súa implicación nesta campaña” tendo en conta “a gran mobilización” coa que, “claramente, se puxo de manifesto que o Partido Popular e o proxecto de Alfonso Rueda é a única alternativa posible para Galicia. Mentres o PP quere que Galicia avance, a única preocupación dos demais é derrotar ao Partido Popular”.

A popular define a campaña como “moi positiva. Falamos das cousas que preocupan á xente e explicamos as 800 medidas que recolle o programa da Galicia de Rueda” tanto “nos nosos encontros cos veciños, como nas intervencións, reunións ou entrevistas”.

Trátase de medidas que “apuntalan a continuidade no crecemento e na consolidación de dereitos dunha provincia que sempre apostou por seguir medrando nun escenario de estabilidade, pero tamén defendendo a súa liberdade”. Nese sentido, defende que “o partido se mobilizou porque se xoga moito. Que Galicia avance depende de nós”.

Rueda na Tinería

A cabeza de lista acompañada polos candidatos Javier Arias e Cristina Sanz recibiron ao presidente e candidato do PPdeG, Alfonso Rueda, este mediodía na cidade de Lugo onde deron un paseo polo centro.

Candia subliñou que “dende o ano 2009 o Goberno galego investiu en Lugo 26M€ na rehabilitación de 30 edificios e promoveu 20 locais comerciais”. Polo tanto, “o Partido Popular é o garante para que avance a rehabilitación da Tinería  aproveitando instrumentos como a área Rexurbe para converter inmobles abandonados, en estado ruinoso, en vivendas”.

A este respecto, considera “unha mágoa o empeño do goberno local en poñer atrancos como o bloqueo de expedientes do nº18 e 22 da rúa Catedral, ou a paralización de proxectos como o da Casa Torre e o Pazo de Dona Urraca”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com