Elena Candia “o único logro que se lle atribúe ao Goberno local é converter a Lugo nunha corredoira”

O Partido Popular de Lugo, organizou hoxe un “xantar de confraternidade do rural” onde se deron cita máis de 300 persoas. Ao xantar acudiu a plana maior do PP de Lugo e no  transcurso do mesmo, producíronse intervencións de varios dos lideres populares: Elena Candia dixo que, “o único logro que se lle atribúe ao Goberno local é converter a Lugo nunha corredoira”; pola súa banda Ramón Carballo propuxo crear para a vindeira edición o Premio Serafín Pena Souto para recoñecer ás persoas, entidades ou empresas que destaquen pola súa implicación e defensa das parroquias e o responsable de políticas do rural Manuel López, enumerou “algunhas das chapuzas que os socialistas deixan como herdanza aos veciños do rural como son: o deficiente estado das pistas, o mal funcionamento dos transportes, o malgaste en facer obras en escolas inacabadas …”

Os populares contrapoñen o esforzo inversor da Xunta “coas parroquias ao ridículo investimento que prevé o goberno socialista de Lugo para 2018 “xa que só investirá o 0,33% do Orzamento de fondos propios”.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com