A candidata popular á alcaldía de Lugo Elena Candia, presentou xunto á secretaría xeral do PPG Paula Prado, o slogan que empregará ata as eleccións do vindeiro 28 de maio de 2023 e que se converterá tamén “na súa filosofía de goberno”.
Tal como detallou Elena Candia na súa comparencencia ante os medios de comunicación, este lema recolle “a filosofía” que moveu a súa acción dende que foi proclamada candidata, como reflicte o feito de “empaparse das ideas e das propostas das persoas veciñas de Lugo antes de trasladar os compromisos que incluirá o meu contrato coa cidadanía”. Segundo a candidata popular o slogan “reflexa a idea de que Lugo exerza o liderado que lle corresponde ata consolidarse como motor indiscutible da provincia”.
Candia tamén quixo deixar claro que o slogan remarca a idea de que temos un municipio con identidade propia “que non quere copiar nin a Vancouver, nin a Pontevedra”. A candidata do Partido Popular á alcaldía de Lugo destacou os 3 Patrimonios da Humanidade que temos “nos que hai que crer, e hai que promocionar”.
Balance do 2022.
Durante a súa comparecencia, a popular aproveitou para facer balance do ano que remata este sábado, e que definiu como “tan intenso como produtivo”. Así, explicou que nos últimos meses conxugouse “a activación do músculo do partido, que é o noso principal activo” coa presenza en barrios (A Milagrosa, A Residencia, As Fontiñas ou Augas Férreas) reunións sectoriais Asemade salientou alientou que rematará o ano “cumprindo o obxectivo de presenza nas 54 parroquias “con encontros abertos á cidadanía ou noutro tipo de formatos como visitas individuais ou casa a casa”