Elena Candia reúnese co reitor da USC e o vicerreitor do campus lucense

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia, recibiu hoxe no seu despacho de San Marcos ao reitor da Universidade de Santiago de Compostela (USC) Juan Viaño e ao vicerreitor do campus lucense Javier Bueno. O encontro enmárcase dentro da rolda de reunións oficiais que a presidenta provincial está a manter cos máximos responsables das principais institucións coas que colabora a Deputación de Lugo, logo da súa recente elección no cargo.

A presidenta provincial indicou que a Universidade é unha das prioridades do novo Goberno e sinalou que o devandito encontro “desenvolveuse coa mirada posta na potenciación do campus lucense”. Elena Candia considera que a colaboración entre ambas institucións é básica, “algo que se verá reflectido no futuro en distintas iniciativas que a Deputación e a da USC teñen previsto impulsar na provincia”, sinalou.

O principal reto, concluíron, “e seguir construíndo unha universidade de calidade e de excelencia, capaz de ofrecer unha oferta educativa atractiva e na vangarda, orientada tamén á posta en valor dos principais recursos propios da provincia, como poden ser, entre outros, o medio rural, forestal e gandeiro”.

Candia coincidiu cos responsables da institución educativa na importancia de potenciar aspectos da importancia da formación e da investigación así como na procura de fórmulas efectivas para aproveitar os recursos e talentos do campus lucense. Desde a institución lembraron que a administración provincial mantén vixentes, na presente anualidade, varios convenios de colaboración con esta universidade.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com