Elena Candia saca a poxa o coche oficial adscrito a Presidencia

A presidenta da Deputación de Lugo, Elena Candia anunciou esta tarde que sacará a poxa o coche oficial da presidencia  para destinar o recadado a fins sociais.

“Comezamos unha nova maneira de facer política, desfacéndonos dos gastos superfluos. A nosa bandeira é a da austeridade”- manifestou Candia, quen afirmou que é  hora de ser transparentes e é tempo de solidariedade.

A popular lembra que este vehículo foi un derroche do ex presidente da Deputación e recordou que o investimento no mesmo, foi de 106.000 euros.

Candia considera un despropósito contar cun luxoso vehículo oficial, máxime na época na que vivimos, e opta por priorizar a atención dos máis necesitados e de tódolos veciños da provincia de Lugo.

Escoitamos declaracións de Elena Candia:

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com