Elena Candia será a candidata do PP á alcaldía de Lugo

O PP de Lugo propuxo esta tarde como candidata á alcaldía do Concello de Lugo a Elena Candia. Na reunión da xunta directiva local, á que asistiu o líder dos populares galegos, Alfonso Rueda, apoiou por unanimidade a proposta que fixo o presidente local, Ramón Carballo, designando como alcaldable ás vindeiras eleccións municipais á presidenta provincial dos populares de Lugo.

Carballo dálle o relevo a Candia, para que sexa a cara visible do cartel electoral nos vindeiros comicios destacando que “é a persoa idónea para liderar a candidatura que goberne Lugo nos próximos catro anos” resaltando que “é una muller moi traballadora, resolutiva, boa xestora, honesta e directa no trato, que sabe como conectar coa cidadanía”. “Con Elena de alcaldesa Lugo sairá do bucle dos proxectos fracasados, inacabados e sen sentido do bigoberno” resumiu.

O presidente local fixo un repaso do perfil da alcaldable popular: “Foi concelleira na oposición, logrou a alcaldía de Mondoñedo, foi presidenta da Deputación e deputada autonómica, viceportavoz e agora vicepresidenta da Mesa do Parlamento. Todas estas responsabilidades son sinónimo de experiencia e coñecemento da realidade municipal e da política en xeral”.

O Presidente da xunta local tamén trasladou aos membros da xunta local a súa intención de “sumar dende o primeiro momento e ata o último minuto para conseguir a maioría suficiente para alcanzar a alcaldía” do Concello de Lugo”. Nese senso explicou que “chegou o momento de dar un paso ao lado, pero isto non significa que rebaixe o meu nivel de compromiso co Partido Popular”.

Carballo tamén destacou o traballo do Grupo Municipal “a xenerosidade que demostran e o traballo do equipo no día a día tanto na fiscalización  como nas accións de política útil” e subliñou que “hai un desgaste do bigoberno e un cansazo da cidadanía que se debe traducir en votos para o Partido Popular”. Carballo explicou que “unha das grandes bazas que temos é a unión e a coordinación que temos en todos os ámbitos no Partido Popular”. “As perspectivas son boas, temos a oportunidade, despois de gañar nas tres últimas eleccións locais, de conseguir unha maioría suficiente para gobernar na cidade de Lugo con Candia como alcaldesa”.

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com