‘Elsa’ deixa 92 incidencias na provincia

O Centro Integrado de Atención ás Emerxencias (CIAE) 112 Galicia vén de rexistrar máis de 1000 incidencias debido aos fenómenos meteorolóxicos adversos por costeiros, vento e choivas de nivel laranxa que están a afectar a nosa comunidade entre as 00:00 do día 18 e as 08:00 horas de hoxe.

Por provincias, Lugo foi a menos afectada con 92 incidencias. A caída de árbores e pólas en vías de circulación, actuacións de prevencións de risco, anegamentos en vivendas e estradas, obxectos varios nas estradas, postes, restos de cables da luz e do teléfono nas calzadas , foron as incidencias que máis se repetiron.

En canto aos concellos,  destacan na nosa provincia o concello de Lugo (10), Monforte (9), Mondoñedo e Pantón (7) respectivamente e o concello de Chantada que rexistrou (6) incidencias.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com