Luís Milla comparecía logo da eliminatoria disputada no Novo Arcanxo ante o Mirandés, e facíao visiblemente satisfeito cun traballo efectivo e que conduciu ao CD Lugo á seguinte rolda da Copa do Rei. O preparador subliñou a capacidade do grupo para solucionar situacións de tensión e sufrimento ao longo dos noventa minutos, destacando ese crecemento en momentos críticos como punto clave para entender a vitoria.
“Soubemos sufrir, na segunda parte estivemos mellor, sobre todo en posición, controlando o xogo. Tapamos moi ben as bandas, foi unha das claves da vitoria. Levamos dous meses facendo un bo traballo, estannos a arroupar uns resultados que veñen dados por unha pretempada ben feita.”
“Este resultado reforza, visitamos a Córdoba CF, un equipo que estivo en primeira ata hai pouco, con xogadores de primeirísimo nivel. Para nós é un impulso ao traballo, falamos cos rapaces, é importante estar fortes tamén fóra de casa, iso é fundamental. En liga sacamos dous empates lonxe de casa, iso non é doado. Este triunfo ten que seguir reforzándonos.”
“Queremos manter a liña de rendemento que tradicionalmente mostrou ao equipo na casa, tamén domicilio. Ter unha regularidade suficiente. Creo que o Córdoba CF xogou con xogadores novos, novos, na parte de atrás. Non é doado ensamblar esa situación de cambio. A capacidade de sufrir axudounos, sabiamos que se podiamos partilos, iamos a saír rápido para facerlles dano ao espazo.”
“Buscamos ben as costas, aos seus medios e xerando con eficacia ocasións de gol. Tivemos tres ou catro moi claras”. “O equipo foi capaz de correr, de dominar. Ser rápido e ter posicións tamén. Quizais podemos mellorar o acerto de cara ao gol, aproveitar mellor esa circunstancia”, concluíu Milla.