Empate do CD Lugo ante o Real Valladolid

Mañá cun intenso frío no Anxo Carro, e con dous equipos moi igualados, tanto no xogo coma nos resultados.

Foi o Real Valladolid o que comezou cun bloqueo alto e con chegadas máis perigosas á portería do Lugo. Pouco a pouco, os locais foron atopandose máis comodos e con bo ritmo no partido. Á media hora do encontro, o arbitro anulaba un gol do Lugo, sinalando un fora de xogo de Caballero. O partido continuou moi equilibrado por ambos equipos, e os de Milla, máis activos, foron facendose con partido.

O encontro chegou ao descanso, co marcador a cero. Xa na segunda parte, o Valladolid quedabase con dez xogadores, por dobre amarilla a Mojica. Con esta situación, os locais adiantaban posicións e Caballero rozaba o gol nun remate de cabeza que paraba o gardameta Kepa. Os de Milla apropiabanse progresivamante do encontro, con máis posesión e unha área de control cada vez máis preto da meta contraria, o que os levou a conseguir o premio merecido, cun gran centro de Molinero dende a esquerda e remate de Joselu, que cabeceaba con precisión ao fondo das mallas.

A alegria durou pouco, xa que a poucos minutos do final, o árbitro pitaba un penalti por acción de Iriome na área, unha oportunidade que os visitantes no deixaron escapar. Era Guzman que transformaba a pena máxima e igualaba o encontro, que chegaba ao final cun empate e ca sensación para os de Milla de merecer máis do acadado.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com