Gran partido do Club Deportivo Lugo nunha tarde importante para os dous equipos. O Lugo buscou dende o comezo controlar o choque a través da posesión e o crecemento ordeado nas liñas e o RCD Mallorca aproveitando as pérdidas dos lucenses, en potentes contragolpes e velocidade, chegaban a meta contraria con poucos movementos. E así chegabase ao final da primeira parte, cun estadio impaciente co seu equipo e que comezaba a mostrar a súa ansiedade polo gol.
A segunda metade arrincou igual, co CD Lugo ao control do choque e con protagonismo nas ocasións máis craras, pero pese a iso, chegaba a vantaxe para os locais, cun balón largo sobre Pereira que superaba a José Juan e que poñía aos locais por diante no marcador. A partir de aquí, Milla apostou por lograr o empate e sacaba ao terreo de xogo a David López, Lemos e Joselu. Con estes cambios retomaban o control e dominio nos tempos de choque.
A recompensa fixose esperar, pero chegou finalmente para os de Milla, cun Pablo Caballero que volvía aparecer cando máis o necesitaba o seu equipo. Con ese gol e un empate máis que merecido, o partido volvía á situación inicial, cun CD Lugo que mantivo a súa aposta ata o final, buscando a superioridade na zoa de creación e esforzandose na defensa. Xa nos últimos minutos, Caballero foi expulsado e os locais rozaron o tanto en dúas ocasións, pero non conseguiron a vitoria desexada.
Remataba o encontro cun resultado 1-1 e un punto de gran valor para o Club Deportivo Lugo.