Empate do Club Deportivo Lugo no Carlos Tartiere

O encontro mostrou dous equipos ambiciosos con intención de dominio e ritmo no xogo, pero foi o Club Deportivo Lugo o que se adiantou no marcador aos quince minutos cunha gran xogada de Carlos Pita; a igualdade chegaba aos cinco minutos nunha falta lateral que pasaba por encima do gardameta José Juan que nada puido facer ante o remate. Durante o resto do primeiro tempo o Lugo mantivo a iniciativa e o control do partido aínda que sen acerto nos metros finais.

Xa na segunda metade o Lugo volvese adiantar no marcador cun gol de Caballero e antes de chegar a media hora da segunda parte os de Egea conseguían igualar de novo o marcador.

A partires de aquí o Club Deportivo Lugo defendeu con eficacia a súa posición e conseguiu rematar o encontro sumando un punto de moito valor.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com