A directora da Axencia Galega de Innovaci—n (Gain), Patricia Argerey, asistir‡ ‡ xornada de presentaci—n da aceleradora de innovaci—n especializada no sector aeron‡utico.

Emprendedores e startups poden desenrolar iniciativas na nova aceleradora aeroespacial

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, animou esta mañá a emprendedores e startups a sumarse ao polo aeroespacial de Galicia participando na nova aceleradora Business Factory Auto (BFAero), o programa de apoio ao emprendemento innovador neste sector que prevé o maior investimento en Europa. Argerey destacou que deste xeito se busca completar a cadea de valor do sector en Galicia, gañar tamaño e continuar posicionando a Comunidade no escenario internacional cun sector de alto compoñente tecnolóxico e gran potencial de futuro.

Na xornada de presentación desta aceleradora celebrada en Santiago, na que participaron arredor de 70 representantes de empresas, universidades, centros de coñecemento e outras entidades, informouse de que se poden presentar proxectos ata o 28 de febreiro. A BFAero inclúe dous itinerarios: un de incubación e outro de aceleración, para os que se dispón de tres prazas en cada un.

A convocatoria está dirixida a todo o ecosistema de innovación a nivel internacional – universidades, centros tecnolóxicos, empresas e emprendedores- e está dotada cun orzamento público-privado de 4,75 millóns de euros, coa previsión de apoiar a través de tres convocatorias 19 proxectos e empresas que xeren máis de 60 empregos directos en Galicia.

A aceleradora, que se enmarca na Civil UAVs Initiative, está promovida pola Xunta, a través do Igape, Gain e Xesgalicia, polas empresas Indra e Babcock e o centro tecnolóxico da automoción CTAG, xestionada pola Fundación CEL e apoiada por diferentes entidades colaboradoras representadas polo Consorcio Aeronáutico Galego.

Ademais de financiamento, BFAero ofrece acceso a infraestruturas especializadas, asesoramento individualizado con mentores profesionais activos do sector, asesoramento tecnolóxico e acceso a potenciais clientes de ámbito internacional.

As áreas temáticas prioritarias, nas que Galicia posúe talento investigador, técnico e empresarial, son o deseño e produción de vehículos non tripulados, a automatización de operacións de aeronavegabilidade ou de navegabilidade ou a captura, procesamento e explotación de datos, entre outras.

A aceleradora BFAero inscríbese no programa de emprendemento innovador do polo aeroespacial de Galicia, que ten por obxectivo fortalecer o apoio ao talento emprendedor impulsando a creación de empresas nun sector de alto valor engadido estratéxico para a Comunidade; baseado no coñecemento e aliñado coa Estratexia de Especialización Intelixente de Galicia (RIS3). Dentro deste programa está prevista tamén a creación dun Centro de Emprendemento en Lugo dedicado integramente ao sector aeroespacial, futura sede da Business Factory Aero.

Así mesmo, vén sumarse ás iniciativas de StartIN Galicia, a rede galega de aceleradora que agrupa toda a oferta de apoios que a Consellería de Economía, Emprego e Industria pon a disposición das startups para o seu establecemento en Galicia e o fomento do seu fortalecemento e competitividade internacional.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com