Cartaz “Premio Son Muller” 2024. Fonte: Asociación de Mulleres Empresarias de Lugo.

Emprendemento feminino, no rural ou urbán, será recoñecido este venres

O Círculo das Artes, na Praza Maior de Lugo, acolle este venres, 13 de decembro, a gala dos recoñecementos acollidos no “Premio Son Muller” da presente, e séptima, edición. Os premios están organizados pola Asociación de Mujeres Empresarias da Provincia de Lugo (AELU), cos que buscan recoñecer o papel feminino no tecido empresarial de todo o territorio, abranguendo as zonas pertencentes ao rural así coma as do urbano.

As inscricións para optar aos diferentes recoñecementos estiveron abertas ata o pasado 28 de novembro. O xurado está conformado pola Xunta Directiva de AELU, quen será o encargado de repartir as dotacións económicas repartidas para cada categoría, sendo estas: ‘Son Emprendedora 2024’, ‘Son Empresaria 2024’ e ‘Son Empresaria Rural 2024’. En cada unha, serán repartidos dous recoñecementos de 1.000 e 500 euros, respectivamente.

Algunhas das premisas que segue a avaliación son a experiencia, a creatividade ou a proxección de crecemento nacional e internacional. Ademais destes galardóns, será cedido un recoñecemento especial a unha empresaria lucense ligada ao eido social e económico do territorio lucense.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com