A coalición En Marea presentou no Congreso dos Deputados unha proposición non de Lei demandando a “paralización inmediata” das obras de construcción do dique no tramo de Castro Romai, no río Miño, ao seu paso por Lugo.
O deputado lucense Miguel Anxo Fernán Vello puxo de manifesto que este tramo do río “posúe un estatus xurídico de Espazo Natural Protexido” e ostenta un “gran valor medioambiental”. Neste sentido, Fernán Vello denuncia que a construcción do dique “dana enormemente a zona, ademais de ser unha obra de claro carácter ilegal”. O deputado lamenta tamén que estas obras estean promovidas polo concello de Lugo e avalaladas pola Confederación Hidrográfica do Miño-Sil.
Ademais, En Marea tamén presentou outra proposición non de lei instando ao ministerio de Fomento a “reforzar e aumentar” os servizos ferroviarios con orixe e destino a Lugo. A este respecto, Miguel Anxo Fernán Vello denunciou que Lugo é a cidade galega “máis deficitaria en servizos e conexións”.
“A marxinación que sofre Lugo en infraestruturas ferroviarias é manifesta. Recoñecida incluso polo propio presidente da Xunta”, lembraba o deputado lucense.