Se onte avanzábamos en Xornal de Lugo que o ex director da sucursal de Banesto en Castro de Rei, estaba citado hoxe a unha vista oral na Audiencia Provincial, por un delito de apropiación indebida. Pois ben, o acusado non compareceu esta mañá ante a audiencia, por estar en paradero descoñecido que, segundo o seu avogado podería ser fóra do territorio español. Como resultado, a vista oral aprazouse e o tribunal decretou unha orde de busca e captura.
O director da sucursal enfróntase a unha petición de cinco anos de prisión por presuntamente retirar 455 mil euros das contas de varios clientes sen o seu consentimento. Do mesmo xeito reclámanselle outros 58 mil euros dun cliente ao que de 60 mil só lle fixo entrega de 2.000 euros.