Morre o mozo de 19 anos atropelado polo tren Transcantábrico en Foz

Falece o mozo de 19 anos que onte era atropelado polo tren Transcantábrico no apeadoiro de Marzán, en Foz.

O rapaz, veciño de Burela e de orixe Caboverdiano, atopábase ingresado na UCI do Hospital da Costa e o seu estado era grave.

O sinistro tivo lugar este domingo. O mozo adormeceu no apeadoiro coas pernas penduradas cara a vía. O convoy non puido frear a tempo e arrastrouno causándolle importantes danos nas pernas e na cabeza.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com