En funcionamento o primeiro punto limpo móbil da zona urbana

O Concello de Lugo puxo esta mañá en funcionamento o primeiro punto limpo móbil da zona urbana do municipio. “Este novo servizo ten como obxectivo complementar ao punto limpo fixo, facilitando á cidadanía a separación daqueles residuos do fogar que deben ter unha xestión diferenciada, ben por ter compoñentes perigosos que poden contaminar o medio ambiente, ben aqueles que, polo seu tamaño, ou simplemente aqueles que se poidan reutilizar unha vez recolleitos”, sinalou Fernández da área de Transición Ecolóxica.

 Para prestar este novos servizo, que se inaugurou ás 9 horas en Agro do Rolo, a empresa concesionaria equipou un vehículo específico de última xeración con distintos contedores nos que a veciñanza poderá depositar os residuos en función da súa orixe. As localizacións estarán publicadas no propio Punto Limpo Móbil e daranse a coñecer a través da páxina web do servizo www.lucelugo.gal, a través da app BITPayt ou na oficina de atención ao cidadán situada na rúa Clérigos nº 7.

 O horario de funcionamento do servizo de Punto Limpo Móbil será de 08:00 a 14:30, todos os días da semana de luns a venres, excepto os festivos. Unha vez concluída a xornada, as persoas operarias depositarán os residuos recollidos ese día nos correspondentes contedores do Punto Limpo Fixo. Ademais, durante o transcurso do traballo, a persoa responsable deste servizo realizará un traballo de asesoramento e informará as persoas usuarias dos distintos servizos que se ofrecen á cidadanía, como son servizo do punto limpo fixo, servizos de porta a porta, localización de contendores de recollida selectiva etc.

 

 

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com