O Xulgado de Instrución número 1 de Mondoñedo vén de decretar a posta en liberdade do home detido hoxe en Abadín como presunto culpable de apuñalar a un veciño durante unha discusión. Así o informaron fontes xudiciais que concretaron que o home está investigado como presunto autor dun delito de lesiones.
O home pasou hoxe a disposición xudicial despois de ser detido por efectivos da Garda Civil por apuñalar a outro veciño durante unha discusión, presuntamente polo estado do gando cabalar que un deles tiña nunha finca propiedade do outros.
O suposto autor das puñadas, I.L.C., foi detido por un delito de lesión con arma branca, mentres que o ferido foi evacuado en ambulancia ao HULA, onde permanece ingresado.