En Marea celebrará mañá o seu primeiro encontro comarcal na cidade de Lugo ao que asistirán os membros do Grupo Parlamentario provincial así coma o seu portavoz, Luis Villares.
Na xuntanza, que terá lugar no local de Lugonovo sito na Ronda da Muralla 164, ás oito da tarde, presentarase a actividade desenvolvida pola formación nas últimas semanas e farase unha posta en común dos problemas, necesidades e inquedanzas do municipio.
A reunión forma parte do concepto participativo de En Marea baseado no traballo sectorial e na recollida de contactos locais, tanto individuais coma colectivos, ademais de na renovación periódica da dirección.
Tanto Lugonovo coma En Marea convidan á cidaníaa asistir e participar neste encontro aberto.