En Marea defende a mellora de infraestruturas industriais en Monforte

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia por En Marea, Luís Villares, reuníuse esta mañá con empresarios de Monforte aos que presentou o proxecto da formación para mellorar e redimensionar o sector industrial nesta zona do país.

No encontro, Luís Villares destacou a necesidade de poñer en valor o porto seco de Monforte, asi como de mellorar as infraestruturas para toda a comarca sur. Ademais, o apoio e impulso do sector vitivinícola é outra das apostas de En Marea, cunha nova aposta polo turismo que aproveite o potencial enolóxico da comarca.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia reuniuse tamén cos representantes da comité de empresa e a xunta de persoal do hospital de Monforte aos que trasladou o firme compromiso de En Marea de acabar coas privatizacións impostas nos últimos anos polo Partido Popular e acadar a necesaria atención que precisa o sistema público sanitario galego deteriorado a causa dos recortes e a mala xestión do goberno do Partido Popular.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com