En Marea demanda arranxar a pasarela de Conturíz e a N-VI

O deputado por Lugo de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha pregunta por escrito dirixida ao Ministerio de Fomento para reclamarlle que realice “actuacións de limpeza e mellora na pasarela peonil situada sobre a estrada N-VI á altura da parroquia de Conturiz en Lugo”.

O parlamentario de En Marea alerta sobre o” lamentábel estado desta infraestrutura que constitúe un auténtico perigo para os viandantes que precisan cruzar ao outro lado da estrada”.

“Os peóns teñen serias dificultades para camiñar pola pasarela xa que está cuberta de matas, calquera que pase por alí pode comprobar o estado de abandono no que se atopa esta infraestrutura, circunstancia que non só a converte en impracticábel senón que engade riscos e perigosidade para o paso dos viandantes”, declarou Fernán

En relación á N-VI, Miguel Anxo Fernán Vello lembra que “este vial xa foi obxecto de diversas iniciativas parlamentares por parte de En Marea debido ao preocupante deterioro do que adoece en numerosos tramos da provincia de Lugo e de A Coruña. É notoria a ausencia de investimentos en mantemento e en actuacións de mellora por parte do estado a pesar de ser un vial de elevado tránsito de vehículos de todo tipo”.

Nese sentido, salienta as iniciativas rexistradas para mellorar a N-VI á altura de O Corgo e outros puntos de Lugo, así como na área coruñesa. “A N-VI está caracterizada por numerosos problemas de seguridade vial polas súas deficiencias e por cruzar núcleos de poboación habitados o que aumenta os perigos.

 

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com