En Marea denuncia a falta de compromiso de Núñez Feijóo cos lucenses

O voceiro de En Marea, Luís Villares, preguntou en rolda de prensa ao presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, “que lle fixeron os lucences para que os trate así, como cidadáns de segunda?” tal e como demostra, segundo expresou Villares, a situación do barrio da Residencia, a negativa a establecer un servizo de hemodinámica 24 horas ou o retraso na inauguración do Auditorio. “Alá onde non goberna e pensa que non vai gobernar dedícase a impor políticas sectarias para impedir que a cidadanía progrese” afirmou Vilares.

A situación do barrio da Residencia é de especial gravidade como sinalou o voceiro de En Marea pero trátase “dunha constante” no conxunto da cidade onde por exemplo salientou a cuestión da unificación das oficinas de emprego da cidade. Pero tamén “a xente maior do país que para o único que lles importan é para pedir o voto pero non para ofertar servizos para a terceira idade”. O mesmo acontece, segundo En Marea, co investimento en I+D+I en Rozas “tamén era un acto de propaganda xa que vai impedir o desenvolvemento do centro de investigación de drons no centro da cidade”.

O voceiro de En Marea preguntouse “que se pode esperar” dun presidente da Xunta e dun PP “que se comprometeran xa coa cidade de Lugo pero non cumpren” e reclamou unha explicación para a cidadanía lucense. Para isto, o grupo parlamentario presentou diversas iniciativas parlamentarias precisamente para que dean explicacións, sobre que asinaron, porque se anulou e porque xusto foi o mesmo día da moción de censura no goberno do Estado.

“Non é algo exclusivo de Lugo senón que forma parte do sectarismo do PP que aplica en todos os concellos galegos para buscar o propio interese e beneficios para o partido e no caso de que non sexa así non ten reparos enprexudicar á cidadanía. E onde goberna o que ofrece é caos como na cidade de Ourense, a única das catro cidades galegas que non ten uns orzamentos aprobados” incidiu.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com