O deputado de En Marea no Congreso, Miguel Anxo Fernán Vello, dirixíuse hoxe ao actual Ministerio de Fomento presidido por José Luis Ábalos para demandarlle a construción da pasarela peoníl sobre a N-VI á altura do estadio de Anxo Carro.
Pídellle que cambie as constantes negativas do anterior Goberno do PP para efectivizar unha infraestrutura que se demostrou necesaria e que sería de enorme utilidade para a mobilidade da cidade de Lugo, e adopte unha posición positiva procedendo a satisfacer unha vella demanda social da cidade luguesa.
Lembra Fernán Vello que, en diversas ocasións, a súa formación tense dirixido ao Ministerio de Fomento, “pero sempre nos atopamos coa súa posición de bloqueo”. Os problemas de acceso da N-VI ao estuadio de fútbol desde a Calzada da Ponte, agudízanse durante as celebracións de competicións deportivas, como é de dominio público. “Téñense producido auténticos colapsos e con centos de persoas camiñando nas marxes da N-VI cos conseguintes problemas de seguridade vial que esto ocasiona”.
A alternativa que se pide é a construción dunha pasarela peoníl que daría seguridade aos vindantes e solventaría a problemática. “Que disposición ten o Ministerio a atender esta demanda? Comparte que se trata dunha infraestrutura que non reviste complexidade e que solucionaría o problema? Non cre que en seguridade vial non debe escatimarse?”.
Sinala Fernán Vello que nas últimas respostas a En Marea do anterior Goberno do PP, “recoñecía que tiña coñecemento da problemática xerada pola presenza de peóns nas marxes da N-VI polos cruces de persoas que se producen no entorno do estadio”, mais “continuou a optar pola inación a pesar de estar en risco a seguridade vial da xente” , afirma o deputado de En Marea.