Miguel Anxo Fernan Vello Miguel Anxo Fernan Vello

En Marea pide explicacións polos retrasos e cancelacións en FEVE

O deputado de En Marea por Lugo, Miguel Anxo Fernán Vello, presentou unha iniciativa parlamentar no Congreso na que pide explicacións a Fomento polas cancelacións de servizos e retrasos na liña da antiga FEVE que se produciron na fin de semana pasada, aínda que suceden con frecuencia.

Miguel Anxo  Fernán Vello considera “intolerábel a situación da liña de ancho métrico Ferrolterra-Ortegal- A Mariña. “A desastrosa situación desta liña resulta desesperante porque non vemos que se produzan avances e todo parece relegarse a un mero exercicio retórica, mentres na realidade, a antiga FEVE non recibe nos Orzamentos do Estado os necesarios investimentos, e  os problemas seguen presentes no día a día. Os usuarios descoñecen o que se van atopar cando se dirixen a algunha das estacións de parada da liña”.

“Hai compromisos concretos?”

Fernán Vello alude á xunta producida o pasado 8 de maio entre representantes municipais das comarcas de Ferrolterra, Ortegal e A Mariña coa Conselleira de Infraestruturas e o Director Xeral de Renfe, para abordar as deficiencias da liña de ancho métrico. Pon de manifesto que nesa xunta adquiriuse o compromiso de proceder á mellora desta conexión ferroviaria. Incluso o Director de Renfe recoñeceu a deficiente situación e a mala calidade dos servizos, e anunciou un aumento de persoal e o reforzo do material rodante.

Pois ben, subliña o deputado, “Existe un compromiso real por parte de Renfe para mellorar o estado desta liña. Á luz dos Orzamentos do estado, Fernán preguntase se  van aumentar os investimentos para esta conexión. Qué medidas en concreto e cando se van adoptar e se se van  facer nun prazo de tempo breve”.
Estas son algunhas das cuestións que o deputado de En Marea formula ao Goberno, e salienta que “continuaremos a través da iniciativa parlamentar a requirir que se poña en valor unha liña ferroviaria necesaria”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com