En Marea pide á Xunta que acabe coa situación “insostible” do centro de saúde da Milagrosa

O voceiro do GP de En Marea, Luís Villares, acompañado pola tamén parlamentaria de En Marea, Paula Vázquez Verao, e polos concelleiros de Lugonovo Santiago Fernández Rocha, Iñaki García e Cristina Pérez Herráez, visitaron o centro de saúde da Milagrosa. Na súa visita Luís Villares declarou que o centro  “exemplifica o abandono sanitario do goberno de Feijóo, que permite que os cidadáns, os pacentes e os traballadores da sanidade, teñan que sofrer circunstancias imposibles de aceptar para unha cobertura sanitaria deste tempo”.  O centro de saúde da Milagrosa atende a 30.000 persoas “son catro plantas de consultas, pero só hai un ascensor para que os pacientes poidan subir para ser atendidas”, sinalou.

Para o voceiro parlamentario, a situación do centro é “insostible” porque “está privando aos pacientes dunha atención á que teñen dereito e está privando aos profesionais a posibilidade de facer un traballo en condiciones mínimas de eficacia”.
Desde o punto de vista do personal, os profesionais da Milagrosa sinalaron que “non se están cubrindo as quendas de vacacións e, polo tanto, eses pacientes quedan sen atender ou son forzados a ser atendidos por profesionais que xa están sobrecargados de traballo”.

Novas relacionadas

Deixar unha resposta

A súa dirección de email non será publicada. Os campos requeridos están marcados *

Este sitio emprega Akismet para reducir o spam. Aprende como se procesan os datos dos teus comentarios.


Diario de información xeral sobre Lugo e a súa provincia
San Salvador de Muxa 124 27192, Lugo

WP Twitter Auto Publish Powered By : XYZScripts.com